Previsel cumpre co obxectivo de fomentar a cultura preventiva entre toda a sociedade

O 15º Salón da Prevención e Saúde ofreceu mais de 30 actividadesformativas que atraeron a 2.500 visitas

.- Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral, pechou esta mañá as portas da súa 15ª edición consolidado como a única feira especializade en Prevención de Galicia e conseguindo o obxectivo de fomentar a cultura preventiva entre toda a sociedade a través dun completo programa de actividades formativas que conseguiu atraer ata o recinto de Expourense a 2.500 visitas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O acto de clausura de Previsel serviu un ano máis para recoñecer o traballo e a colaboración das distintas entidades que integran o comité asesor do salón e que organizan o programa de actividades e entre os que se atopan representantes da administración,  asociacións empresariais, sindicatos, colexios profesionais, mutuas e servizos de intervención e emerxencias. Este acto de clausura conducido polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, contou coa presenza do director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, que puxo en valor os esforzos  que dende os distintos ámbitos da sociedade se realizan en prol da prevención e seguridade laboral, así como insistiu en que a previsión é o mellor medio para garantir a seguridade dos cidadáns e responder de modo adecuado en caso de riscos colectivos. O director xeral estivo acompañado neste acto polo delegado territorial e presidente do Comité Executivo de Expourense, Gabriel Alén Castro; polo vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, César Fernández Gil e pola presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Nóvoa Rodríguez.

Nesta segunda e última xornada de Previsel tiveron lugar actividades que contaron cun gran seguemento de asistentes como foi o caso da xornada sobre saúde laboral dirixida os delegados de prevención organizada polo sindicato CC.OO de Galicia.

Hoxe tamén foi o día no que se impartiron charlas como “A importancia da prevención de riscos laborais no sector do transporte”, organizada por APETAMCOR e unha sobre “Protocolo: Acoso Sexual” organizada polo Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense.

O ISSGA celebrou a súa segunda xornada formativa na que presentou a campaña sobre a prevención do risco químico en perruquerías “Corta o risco químico, peitea con seguridade “.

Por parte do Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Ourense abordáronse os principios de boas prácticas en obras de construción, no que tamén participaron membros do ISSGA.

Dentro das actividades organizadas por TESGALICIA hoxe continuaron as prácticas con RCP en bonecos conectados a unha pantalla de telemetría. Tamén organizaron unha mesa no que se abordaron os ricos laborais no traballo e na que participaron O Ilustre Colexio de Psicólogos de Ourense e o Distrito XII da Consellería do Medio Rural.

As actividades de hoxe incluíron unha práctica real  de excarcelación de vehículos, na mesma interviron os Bombeiros do Polígono San Cibrao – Deputación de Ourense, o  Parque Municipal de Bomberos de Ourense, Protección Civil de Ourense e TESGALICIA.

Entre as actividades permanentes destacaron o posto de asesoramento do Gabinete de Prevención de Riscos Laborais da Confederación Empresarial de Ourense – CEO; as cadeas de supervivencia da Cruz Vermella; as medicións antropométricas realizadas pola Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Sanidade ou a formación sobre dixitación e innovación en riscos laborais ofrecida pola empresa Previsonor.

As actividades complementáronse con distintas exposicións de equipamentos e vehículos vencellados coa prevención e as emerxencias achegadas por entidades como a Deputación de Ourense ou por empresas como Orensanex ou Carrocerías Rodríguez López.