O BNG esixe responsabilidades políticas á Xunta de Galiza e á Deputación de Ourense tras a demoledora sentencia contra MEISA

IES CHAMOSO LAMAS

Noa Presas e Bernardo Varela trasladan novamente iniciativas á  Deputación de Ourense e Xunta ante as irregularidades evidenciadas polo fallo xudicial contra esta empresa pública

O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, fai unha primeira valoración da sentencia contra a adxudicación do contrato para a xestión da estación de montaña de Manzaneda a Artabria, considerándoa “demoledora contra o modelo de contratación da Xunta de Galiza e Deputación de Ourense”.

HIPER MASIDE

 Esta falta de licitación transparente, indica o voceiro nacionalista, xa fora posta en evidencia en reiterados debates  en comisións e sesións plenarias tanto da Deputación provincial de Ourense, como no Parlamento de Galiza. 

 “Agora este fallo xudicial evidencia que a Xunta de Galiza e Deputación de Ourense incorreron en múltiples ilegalidades na adxudicación deste contrato.” Declara Varela. 

Desde o BNG reclamaremos as responsabilidades políticas derivadas desta sentencia xudicial, que deixa ben ás claras a falta de acceso, transparencia, publicidade e non discriminación, di Varela, que subliña que esta é unha empresa pública que leva no últimos anos recibindo 8 millóns de euros en axudas sen que teñan visto resultados. 

Pola súa banda, a deputada Noa Presas demandará responsabilidades á Xunta de Galiza no Parlamento galego, onde xa en anteriores ocasións levara esta situación a través da Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos onde a Sra Dra da Axencia de Turismo respondeu con evasivas, e  na que demandaba coñecer cuestións relativas ao procedemento de licitación, o informe previo á adxudicación, os prazos, as garantías de funcionamento, ás posibles melloras, aos criterios económicos desta licitación ou se a Xunta de Galiza e Deputación de Ourense puxeron a disposición fondos públicos para facer fronte as melloras no funcionamento.

“A Xunta de Galiza conta co 49,65 % das accións de MEISA polo que debe dar explicacións e asumir responsabilidades pola fraude na xestión dos recursos públicos dos galegos e galegas” declarou Presas