Quinta xornada de parón no transporte do Carballiño, con pitada no casco urbán

Hoxe venres, cúmprese o quinto día de parón dos transportistas e camioneiros do Carballiño e contorna. Unha reivindicación que se extende á provincia e incluso ó resto do país. Este parón, que se prevé que sexa indefinido, xa se está comezando a notar no abastecemento de diversos produtos, entre eles algúns alimentarios.

Esta mañá, no Carballiño, os camioneiros extenderon a súa loita ó casco urbán. Pasaron cos camións facendo unha pitada, que tamén a trasladaron á autovía con destino Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Son moitos os colectivos e cidadáns que apoian a súa reivindicación, motivada pola suba desproporcionada do prezo do combustible, que lles impide facer o seu traballo dignamente.

Dende os taxistas, outro dos grandes afectados no seu entorno laboral, comentan que a situación é sostible, e que de poñerse de acordo, tamén se sumarían a un parón laboral.

Os trasportistas reclaman medidas, e de xeito urxente, asegurando que o curste de facer o percorrido diario é cada día maior, o que repercute directamente no seu salario e na súa calidade de vida.

E, por outra banda, moitos cidadáns teñen que desprazarse a diario para acudir ó seu postos de traballo. No Carballiño, moitos veñen dende Ourense a diario. O custe deste traslado estase ata triplicando, sen que o faga consigo o seu salario.