A18ª Feira do Stock do Carballiño pecha con boa afluencia e satisfacción para os comerciantes

IES CHAMOSO LAMAS

Esta mañá, os operarios municipais traballaban para desinstalar os stands nos que tivo lugar a 18ª edición da Feira do Stock, na súa edición de inverno. Un total de 14 establecementos estiveron ubicados na Praza Maior, e os demais asociados participantes ofreceron ofertas nos seus propios comercios. As sensacións destes días foron moi boas, e os comerciantes amosáronse satisfeitos. A afluencia de xente foi abundante, sobre todo durante venres e o sábado, coincidindo do Día do Pai.

Estivemos cos comerciantes esta fin de semana. Todos eles agradeceron a implicación e o traballo do CCA, que recoñeceron que esta é unha boa iniciativa que debe perdurar no tempo. Tamén destacaron que a xente estaba animada, sendo boas xornadas de venta.