Os populares ourensáns acoden ás urnas para apoiar a candidatura de Feijóo á presidencia do PP nacional

O presidente provincial, Manuel Baltar, tras depositar a súa papeleta na sede provincial afirmou que  nesta xornada “estamos a amosar as nosas preferencias polo próximo presidente do partido, e precisamente, nesta sede na que Alberto Núñez Feijóo se afiliou ao Partido Popular e pertenceu por primeira vez a este comité executivo”

Os populares ourensáns acudiron hoxe ás urnas para apoiar a candidatura de Alberto Núñez Feijóo á presidencia do PP nacional, nunha xornada de votación que se desenvolveu nos dez colexios electorais habilitados noutras tantas sedes do partido na provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, tras depositar a súa papeleta na sede provincial explicou que na xornada de hoxe “estamos a amosar as nosas preferencias polo próximo presidente do partido, e precisamente, nesta sede na que Alberto Núñez Feijóo se afiliou ao Partido Popular e pertenceu por primeira vez a este comité executivo”, lembrou Baltar.

Neste mesmo sentido, o presidente dos populares ourensáns destacou a importancia que ten “para o noso partido provincial que hoxe está a votar a favor dun ourensán e non existen precedentes en canto a presidir un partido a nivel estatal cun ourensán ao fronte, como é o caso de Alberto Núñez Feijóo”. Así mesmo, Baltar salientou o traballo realizado por Feijóo nas últimas semanas porque aínda sendo o “único candidato e presentándose coa unanimidade do partido a nivel nacional, fixo unha campaña na que percorreu máis de 11.260 km ao longo de 14 cidades de España, chegando a máis de 20.000 afiliados”. 

“E, ao igual que fixo unha campaña a pesar de non haber máis candidatos, tamén quixo que como en todo funcionamento democrático, o seu liderazgo saíra das urnas, por iso estamos hoxe aquí”, dixo Manuel Baltar, quen engadiu que “para nós é moi importante ver esta afluencia de afiliados para votarlle aquí en Ourense e que, posteriormente, sexa elixido en Sevilla, paso previo para que un ourensán sexa o presidente da Nación”.

“Desde Ourense -a provincia de España con maior respaldo electoral a calquera formación política-, a mensaxe de apoio a Núñez Feijóo é contundente”, afirmou o presidente do Partido Popular de Ourense.