Concello e Xunta rematan as obras de mellora do centro de saúde de Maside

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde do concello de Maside, José Manuel Iglesias, supervisaron o remate das obras executadas no centro de saúde do municipio. As actuación, cofinanciadas por ambas entidades, supuxeron unha inversión de 48.000 euros, e están enmarcadas dentro da aposta da Xunta de Galicia pola mellora de infraestruturas de atención primaria, como se está a facer en diversos concellos da contorna.

Deste xeito, o persoal e os pacientes do centro de saúde desa localidade contan cun centro de saúde mellor e máis confortable, ademais de mellorar a eficiencia enerxética do edificio e aforrar no  consumo.

AVANTAR ACTIVIDADES

As obras consistiron na renovación da carpintería exterior, a adaptación do aseo de minusválidos, acabados interiores e a renovación da calefacción. O alcalde, José Manuel Iglesias, destacou a necesidade de implementar estas melloras.