O círculo de Podemos no Carballiño presenta un requirimento para que o concello apoie ao pobo saharauí

IES CHAMOSO LAMAS

As recentes declaracións do Presidente do Goberno, filtradas á prensa o venres 18 de marzo e posteriormente recoñecidas en rolda de prensa polo Ministro de Asuntos Exteriores, recoñecendo unha autonomía para o Sahara reforzan a postura que busca
Marrocos para ese territorio e van en contra dos intereses de dito pobo.
Manuel Nogueira: “Ditas declaracións non representan o consenso do Goberno
de España nin do pobo español ao redor da neutralidade neste conflito e
traizoan ao propio pobo saharauí, á sociedade española e ao Goberno de
coalición, contravindo o dereito internacional e abonando o ambiente de
inestabilidade que afecta á devandita zona”.
A formación morada ven de rexistrar no Concello de O Carballiño este
requirimento, acción que se fará en outros concellos de todo Galicia por parte
de Podemos Galicia.
“O que tentamos con esta acción conxunta que se está levando a cabo no
conxunto do Estado por parte das distintas agrupacións municipais e círculos
de Podemos é deixar clara a posición da nosa formación ante as declaracións
unilaterais do Presidente do Goberno e ante a delicada situación que vive o
pobo saharauí” comenta o secretario de Municipalismos de Podemos Galicia e
voceiro do círculo de O Carballiño.”É totalmente incongruente que o que se
critique co que está a pasar co pobo de Ucrania se defenda ante o pobo irmán
saharuí” engade Nogueira


Á ATENCIÓN DO ALCALDE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

OZOCOgz Deseño Galego

D. Manuel Nogueira Pérez como portavoz/integrante do Círculo de Podemos en
O Carballiño ao amparo do disposto no Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presentamos o
seguinte

REQUIRIMENTO DE APOIO AO POBO SAHARAUÍ

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Sahara Occidental foi colonia española dende 1885 ata 1975, chegando a ser
a provincia 53 do país dende 1958. A pesar de que foi ocupada por Marrocos en
1975 coa resistencia da Fronte Polisario, España non deixou de ser considerada
potencia administradora dun territorio pendente de descolonización por parte
de Nacións Unidas. Desde entón houbo guerra ata o ano 1991, ano no que
ambas partes asinaron un alto ao lume coa intención de celebrar un referendo
de autodeterminación.
Pero devandito referendo despois de trinta anos segue sen celebrarse e desde
2005 Marrocos cambiou a súa postura para pasar a ofrecer unha autonomía
para o Sahara contravindo a lexislación internacional que se pronunciou en
incontables resolucións da as Nacións Unidas en favor dun referendo de
autodeterminación.
De feito o Tribunal de Xustiza da UE manifestou na súa decisión do 10 de
decembro de 2015 que o Sahara Occidental “non está incluído dentro das fronteiras
internacionais recoñecidas de Marrocos (punto 232), que o Reino de Marrocos non ten ningún mandato das Nacións Unidas ou doutro organismo internacional para administrar o Sahara Occidental (punto 233) e “que a soberanía do Reino de Marrocos sobre o Sahara Occidental é nula e non está recoñecida pola UE nin polos seus estados membros, nin polas Nacións Unidas”
(punto 241). Esta sentenza volveu ser ratificada polo TJUE o 29 de setembro de
2021 de maneira moi clara: os territorios do Sahara Occidental son diferentes
aos de Marrocos e o beneficio das súas actividades económicas debe recaer no
seu pobo.
Ante unha situación que merece un enfoque amplo, responsable e de diálogo
dentro das lindes marcadas polas Nacións Unidas, a posición do goberno de
España ten que ser de clara neutralidade. De feito, esa postura de neutralidade
para mediar entre as partes levoulle a integrar o grupo de amigos do Sahara
Occidental en Nacións Unidas xunto con catro dos cinco países con dereito a
veto no Consello de Seguridade de Nacións Unidas (EE. UU., Rusia, Reino
Unido, Francia e España).
Calquera solución que se busque ao conflito debe cumprir co recollido na
Resolución 2602 do Consello de Seguridade da ONU do 29 de outubro de 2021,
reafirmándose no compromiso de alcanzar unha política xusta, duradeira e
aceptable por todas as partes implicadas.
As recentes declaracións do Presidente do Goberno, filtradas á prensa o venres
18 de marzo e posteriormente recoñecidas en rolda de prensa polo Ministro de
Asuntos Exteriores, recoñecendo unha autonomía para o Sahara van en contra
de todo o anteriormente exposto e reforzan a postura que busca Marrocos para
ese territorio. Ditas declaracións non representan o consenso do Goberno de
España nin do pobo español ao redor da neutralidade neste conflito e traizoan
ao propio pobo saharauí, á sociedade española e ao Goberno de coalición,
contravindo o dereito internacional e abonando o ambiente de inestabilidade
que afecta á devandita zona.
Ditas declaracións só poden ser produto dunha clara chantaxe por parte do Rei
de Marrocos. Unha chantaxe que se suma aos continuos desplantes e ataques
por parte do goberno marroquí ao goberno de España: a declaración das augas
canarias como súas, reiteradas reclamacións ilexítimas en materia de pesca,
comercialización e explotación de recursos naturais que non son seus porque a
súa autoridade sobre o territorio non está recoñecida, e especialmente, a
utilización da migración como arma.
En base ao exposto, e sendo conscientes de que a postura que tome o Estado
Español con respecto a este conflito debe ser tras un debate nas cámaras
lexislativas onde todas as formacións políticas dean a coñecer a súa parecer e
postura buscando unha solución que debe respectar ao pobo saharauí
decidindo o seu futuro como pobo libre, dende o Círculo de Podemos de O
Carballiño propoñemos que este concello secundo os seguintes
ACORDOS

  1. Que o Concello de O Carballiño apoie a Resolución 2602 do Consello de
    Seguridade da ONU do 29 de outubro de 2021 na que se reafirma o
    compromiso de “alcanzar unha solución política xusta, duradeira e aceptable”
    para tódalas partes e que “prevexa a libre determinación do pobo do Sahara
    Occidental”.
  2. Que o Concello de O Carballiño apoie unha posición por parte do Goberno
    de España de total neutralidade neste conflito respectando, o recollido nos
    programas dos partidos que o apoian, a lexislación internacional e reprobando
    as declaracións unilaterais emitidas polo Presidente do Goberno, Pedro
    Sánchez.
  3. Que o Concello de O Carballiño apoie o conxunto das resolucións das
    Nacións Unidas que buscan unha solución para décadas de conflito no Sahara
    Occidental mediante un referendo de autodeterminación para o pobo saharauí.
  4. Que o Concello de O Carballiño traslade o apoio desta localidade ao pobo
    saharauí tras décadas de solidariedade, envío de axuda humanitaria e acollida
    dos seus nenos e nenas.
  5. Que este Concello dea traslado de lestes acordos ás cortes lexislativas
    (Congreso e Senado) e ás Comisións Primeira, Terceira e Cuarta das Nacións
    Unidas.