Comunicado da Cig: “Incerteza entre o persoal de El Carmen – Cosaga ante o futuro inmediato”

A tan soada e inminente venda destes centros sanitarios privados ao grupo
RECOLETAS, estase a dar nun marco de absoluta desinformación cara os
traballadores, o que provoca tensión e incerteza entre o persoal.
A estas alturas seguimos sen ter constancia formal do plan de viabilidade, da
distribución funcional, do mantemento dos postos de traballo ou da estrutura orgánica
e/ou empresarial da nova xerencia. Nin tan sequera sabemos a fórmula xurídica de
venta/adquisición dos centros.
Mentres, en moitos casos, os traballadores e traballadoras están acusando unha
sobrecarga de traballo que ten sido exponencial nos últimos dous anos, coincidindo
coa pandemia, con menos persoal do que había anteriormente, con prolongación de
xornadas e horas extraordinarias moi por riba do límite legalmente establecido, ao
tempo que denuncian a modificación das condicións económicas, o nulo compromiso
coa necesidade de conciliación e de políticas de igualdade.
Así mesmo, queremos alertar da situación de extrema tensión que se está producindo
no ámbito das relacións laborais, que mesmo teñen dado lugar a varias denuncias
individuais, dun importante grupo de traballadoras, ante a Inspección de Traballo, por
abuso de autoridade, maltrato psicolóxico, desprezo e menoscabo profesional.
Desde a CIG porémonos en contacto co grupo RECOLETAS para solicitar a
información que os traballadores teñen dereito a coñecer, toda vez que as actuais
xerencias de CARMEN e COSAGA non o están a facilitar