O PSOE do Irixo celebra que a Xunta saque a exposición pública os parques eolícos de Valdepereira e Pico Seco

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo celebra que a Xunta de Galicia saque novamente a exposición pública por 30 días os proxectos dos parques eólicos de Valdepereira e Pico Seco e a liña de evacuación.

Con esta nova exposición pública confirman pola vía dos feitos que a exposición pública destes proxectos nos Concellos de Lalín e O Irixo non se fixo correctamente. No pasado 22 de febreiro, o grupo de goberno votou en contra de solicitar esta exposición, que agora se fai pública.

AVANTAR ACTIVIDADES

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, considera que isto é unha evidencia de que as cousas non se fixeron ben e asegura que deberían pedir desculpas.