Tras a chegada da primavera o pasado domingo 20 de marzo, na noite do sábado 26 de marzo ao domingo 27 de marzo cambiará a hora para adaptarse ao novo horario de verán: ás 2:00 da mañá os reloxos adiantaranse ata as 3:00 horas. Polo tanto, ese día durmiremos unha hora menos e os días comezarán a ser máis longos.
O primeiro cambio horario aplicouse por primeira vez co obxectivo de aforrar enerxía e aproveitar máis a luz solar. En 2018 presentouse unha proposta de eliminación do cambio horario e iniciouse un proceso para que, se os países membros da Unión Europea o acordaban, se eliminase en 2019. Non obstante, os daquela Vinteoito consideraban que a iniciativa era prematura e a decisión foi aprazada.