O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na xornada dedicada a Galicia na 54ª feira internacional do agro de Braga

Gabriel Alén destacou a aposta da Xunta de Galicia pola cooperación transfronteiriza para dinamizar a actividade socioeconómica en sectores tan importantes como o agroalimentario ou o turismo de proximidade a ambos lados da Eurorexión

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu aos actos do Día de Galicia no marco da 54ª edición da Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación que se celebra ata o domingo que vén na localidade portuguesa de Braga.

AVANTAR ACTIVIDADES

Gabriel Alén, que acudiu en calidade de representante do Goberno galego e membro da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, destacou a aposta da Xunta de Galicia pola cooperación transfronteiriza para dinamizar a actividade socioeconómica en sectores tan importantes como o agroalimentario ou o turismo de proximidade a ambos lados da Eurorrexión.

Durante a visita da comitiva oficial do día ao stand de Expourense, encabezado polo seu director xerente, Rogelio Martínez, ofreceuse unha degustación de produtos galegos de empresas como é o caso da Denominación de Orixe Monterrei, colaboradora de Expourense durante todo o ano e de empresas ourensáns como Grupo Cuevas ou Cafés Lisboa.

A comitiva local estivo integrada polo vicepresidente da Cámara Municipal de Braga, Filmino Marques; do presidente da Invest Braga, Carlos Oliveira; o administrador da Invest Braga, Carlos Silva, e do vereador de Economía de Braga, Antonio Barroso, e do director do Forum Braga, Carlos Coutinho.

Gabriel Alén subliñou que con esta participación Expourense reforza as súas relacións de cooperación transfronteiriza co obxectivo de fomentar a competitividade das empresas galegas e, dun xeito especial, dos pequenos produtores ou cooperativistas.