O PSOE de Punxín pide maior presenza policial ante a vaga de roubos nos últimos meses

O PSdeG-PSOE de Punxín insta ao goberno municipal a solicitar á subdelegación do Goberno, así como a calquera organismo competente, un incremento da presenza policial no municipio, co fin de rematar coa vaga de roubos que se están a producir nos últimos meses e darlle unha maior seguridade á veciñanza. As concelleiras socialistas levarán ao pleno da próxima semana unha moción neste senso para que se busquen solución a un problemática que “se disparou” nos últimos tempos.

Dende o Grupo Municipal Socialista apuntan a que nos últimos meses “produciuse un considerable aumento dos roubos no municipio, o que disparou os índices de delincuencia en Punxín”. As concelleiras socialistas apuntan a que “só nas últimas semanas entraron a roubar na igrexa de Vilela, así como na casa reitoral, e intentaron tamén acceder á igrexa de Ourantes”. Unha situación que ten “moi preocupados” os veciños e veciñas de Punxín e que “xera moita inseguridade, especialmente nas horas nocturnas”.

AVANTAR ACTIVIDADES

A voceira do PSdeG-PSOE de Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, destaca que esta situación “está causando moita inseguridade entra á veciñanza”, motivo polo que considera que “é imprescindible atallar esta situación, reforzando a presencia das forzas e corpos de seguridade do Estado no noso municipio”. A edil socialista tamén apunta a que “hai que buscar vías para tentar rematar coa vaga de roubos que se están a producir en Punxín, polo que consideramos que un incremento da presenza policial pode ser a solución idónea”.

Peleteiro Vázquez afirma que esta moción vén motivada pola “inacción” do alcalde do Partido Popular, Manuel Vázquez, e o seu equipo de goberno. A concelleira socialista considera que “chegou o momento de que o goberno municipal se poña a traballar por Punxín, escoite as reclamacións da veciñanza e dea un resposta clara e contundente contra os roubos”. A voceira do PSdeG-PSOE tamén remarca que “é urxente e necesario proporcionarlle seguridade aos nosos veciños e as nosas veciñas, que en moito caso teñen unha idade moi avanzada e aos que os roubos poñen moi nerviosos e réstanlle moita seguridade”.