A Xunta licita o proxecto de acceso ó parque empresarial de Lebozán, en Beariz

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentou esta mañá o proxecto do acceso ao parque empresarial de Lebozán desde a estrada autonómica OU-212, en Beariz. Dende hoxe ábrese o prazo de licitación, para que todas as empresas interesadas presenten a solicitude de obra, con prazo ata o 20 de abril.

As obras está previsto que se poñan en marcha ó pasar o verán, no mes de setembro, e teñen un prazo de execución de catro meses. O orzamento destinado pola Xunta de Galicia para este proxecto supera os 445.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa banda, o alcalde de Beariz, Manuel Prado, agradeceu a colaboración da administración autonómica, en particular da conselleira, en todos os proxectos municipais.