Clausura da Semana Forestal de Galicia na Insua dos Poetas

Hoxe, sábado 26 de marzo, 12,00 hs.Insua dos Poetas ( A Esgueva, Madarnás, O Carballiño)

O acto contou coa participación do delegado da Xunta na provincia de Ourense, Gabriel Alén, Luís Jorge Álvarez, xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Patricia Torres Madureira, alcaldesa de Boborás e deputada de Cultura da Deputación provincial de Ourense, do xefe do Distrito Forestal do Carballiño e de Luís González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta actividade, promovida pola consellería de Medio Rural, o Gabriel Alén destacou o traballo realizado na provincia en materia de ordenación forestal e puxo como exemplo de ordenamento o predio da Insua dos Poetas no que colaboran a consellería de Medio Rural e a Deputación de Ourense.

Remataron, todos os asistentes, plantando 7 exemplares de árbores autóctonas que, xunto co programa de reforestación levado a cabo en datas previas, contribúen a facer da Insua dos Poetas un lugar de referencia cultural no que a literatura e as artes plásticas dialogan coa natureza.