O presidente da Xunta inaugura o novo albergue no Mosteiro de Oseira

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, inaugurou esta mañá o albergue de peregrinos do Mosteiro de Santa María a Real de Oseira. Estiveron acompañados por un nutrido número de alcaldes dos concellos da contorna, deputados, así coma outras autoridades.

O superior do Mosteiro, Enrique Trigueros, destacou o seu agradecemento por poder contar con este novo albergue, asegurando que este ano están a recibir moitas reservas.

AVANTAR ACTIVIDADES

As actuacións enmárcanse no Plan de Albergues, dotado cunha forte inversión económica para reforzar a rede pública de establecementos. Entre as novidades, atópase tamén o futuro albergue de Piñor, aínda en construción. En concreto, este novo albergue de Oseira contou cunha inversión que supera o millón de euros, como una aposta firme por revalidar o paso da Vía da Prata.

Ademais, construirase un novo albergue con 40 camas nun espazo en desuso do mosteiro que contará cunha zona común, aseos, un baño adaptado para persoas con discapacidade e unha cociña. O presidente galego fixo referencia á aposta activa polo turismo, con exemplos engadidos coma o Bono Turismo, un total éxito que permitirá tamén pernoctar en Oseira.

Pola súa banda, o alcalde de Cea, José Luis Valladares, quixo amosar o seu agradecemento co vicepresidente Alfonso Rueda, e conselleiro de Turismo, pola súa aposta en mellorar a Vía da Prata e estar ó pe destas necesidades.