Moción do Bng de Ribadavia en demanda de actuacións urxentes para mitigar o impacto do medre da inflación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A economía e sociedade galegas están a padecer unha suba de prezos sen precedentes nas últimas tres décadas e que, aínda que agravada pola guerra de Ucraína e o impacto na comercialización do gas ou do cereal, xa se viña producindo durante o 2021.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A inflación provoca unha perda xeneralizada do poder de compra. Por tal motivo, coñécese como o “imposto dos pobres” porque, cos mesmos cartos, podemos enfrontar menos pagamentos e isto prexudica especialmente ás persoas máis vulnerábeis e con menos recursos. A taxa de inflación interanual en Galiza no pasado mes de febreiro foi do 8% Así, a electricidade e os carburantes están a rexistrar subas aínda maiores, tamén os alugueiros ou algo tan básico coma os alimentos.

A suba de prezos está condicionada por decisións políticas, que poden empeorar ou aliviar os seus efectos. Polo tanto, hai marxe para actuar e evitar que as maiorías sociais paguen esta crise mentres grandes empresas como as da banca ou as eléctricas multiplican beneficios. En outubro de 2021 a Rede Galega Contra a Pobreza facía público o seu informe anual respecto de 2020 e sinalaba como xa entón o 25,7% da poboación galega estaba en risco de pobreza ou exclusión social e coa situación que estamos a vivir vai empeoralos. Ademais, en Galiza agrávase o impacto polo peso do sector pesqueiro e agro-gandeiro, por termos moitas industrias electrointensivas, depender do comercio por vía marítima e estrada, polas carencias históricas en transporte público, pola dispersión poboacional, pola estafa das peaxes… É necesario tomar medidas urxentes para que non haxa un empobrecemento drástico

A situación está tamén a prexudicar seriamente a prestación de servizos por parte dos concellos galegos. A dispersión da poboación incrementa os custes en alumeado público, recollida de lixo, abastecemento e saneamento de augas, mentres o financiamento municipal segue baixo a media estatal.


         Por estes motivos propomos ao  Pleno do Concello de Ribadavia a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1. Demandar dos gobernos central e galego, a intervención inmediata no sector enerxético para controlar os prezos da electricidade e do gas, recortar os beneficios das eléctricas, impulsar unha tarifa eléctrica galega e a prohibición os cortes das subministracións básicas de forma permanente.

2. Demandar a baixada selectiva do IVE dos alimentos básicos, os produtos do mar, de hixiene persoal e feminina, o transporte público, a electricidade e o gas.

3. Demandar o Incremento das pensións e dos salarios máis baixos até o 60% do soldo medio actual.

4. Demandar a redución temporal das peaxes, dos impostos sobre hidrocarburos e doutros custos que afectan ao transporte así como a rebaixa dos prezos dos billetes de transporte público.

5. Demandar a protección do sector agro-gandeiro e marítimo-pesqueiro evitando a venda a perdas, impulsando a compra pública de pensos para garantir a subministración e axudas polo incremento dos custos de produción, singularmente enerxía e combustíbeis.

6. Demandar a revisión impositiva para unha fiscalidade xusta e redistributiva que compense a perda de poder adquisitivo dos sectores máis vulnerábeis,  revisando os principais impostos para que pague máis quen máis ten e se distribúa a riqueza.

7. Demandar a actualización do Ingreso Mínimo Vital e a reforma da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galiza para garantir a compatibilidade e complementariedade RISGA co Ingreso Mínimo Vital (IMV).

8. Demandar a intervención pública no mercado da vivenda para facilitar o acceso da xente nova e as rendas máis baixas poñendo á súa disposición as vivendas da SAREB e doutras institucións públicas para se empregaren como vivendas sociais.

9. Demandar a revisión á alza das bolsas e convocatorias extraordinarias para protexer o estudantado máis afectado.

10. Demandar da Xunta aprobación dun Plan contra a pobreza en familias monoparentais cun orzamento e calendario específico de desenvolvemento.