O Consello Político do Partido Galego acorda solucións no plano político.

A grave situación política en xeral provocada por unha banda polas consecuencias da pandemia e da guerra de Ucraína, e por outra polas solucións políticas achegadas por partidos foráneos a Galicia nus casos e partidos con perfil extremista por outra, requiren de propostas sensatas, rigorosas, valentes, útiles e realizables

Posicións políticas:
PP. O seu lider anda de xira atendendo cuestións internas do seu partido, mentres os galegos estamos a abonarlle o salario e prevendas mediáticas.
O PP de Galicia non atende os grandes problemas actuais do día a día
O goberno do PP non adecuou a estrutura económica real do País á viabilidade dos sectores primarios e secundarios e terciarios, por tanto calquera situación externa repercute na nosa economía.
Actualmente existen varios sectores produtivos en grave situación, que veñen derivados da guerra de Ucraía da pandemia do Covid e dos desgobernos de Galicia e Madrid.
Dende o PG vemos como os nosos sectores produtivos, entre os que destacamos o agro-gandeiro, a pesca, a industria e o transporte, enfróntase a tres principais problemas que redundan nos custes de produción e consecuentemente nos beneficios destas empresas.
Apostamos polas seguintes solucións:
-Custes de electricidade. Galicia debería ser propietaria da electricidade que se xera no propio País, co que a electricidade tería o custe real que se sitúan por baixo dos 30€ (MWh)
-Custes de combustible. Os gobernos teñen que incentivar as enerxías alternativas como poden ser o aproveitamento dos gases xerados nas explotacións agrarias, as plantas de biocombustible, hidróxeno, etc
-Falta de materias primas. (cereais e abonos). O goberno debe activar estratexias para producir as materias primas e aplicar políticas agrarias onde prime a produción de cereais sobre a explotación agroforestal.

AVANTAR ACTIVIDADES

PG. Apelamos claramente pola política da paz, da negociación, pero sen caer na inxenuidade, sabendo que ante un “lobo” como é Putin, a política de ser doce, manso e pedidor de perdón so provoca neste tipo de personaxes so esperta máis soberbia, máis acoso sobre o adversario.
A proba está que logo da advertencia da OTAN emitida o 24 de marzo no senso que ante o previsible uso de armas de destrución masiva, este tería consecuencias seguras contra Rusia, non é casual que ao día seguinte o 25, Rusia declarase a reorganización estratéxica do exército cara o reduto do Dombas.
Repercusións inmediatas da guerra desatada por Rusia contra Ucraína.
Reorientación de moitos proxectos a nivel europeo, encamiñados á soberanía enerxética, alimentaria ,a globalización, etc
Novas medidas na UE. Camiño de reconversión a todos os niveis da propia UE, en materia de defensa, de migración, de servizos públicos, da seguridade, de como camiñar na nova “orde internacional”, onde a UE debe cobrar un papel determinante e autónomo, ao marxe da propia estrutura militar de defensa que representa a OTAN
Novo marco xeoestratéxico, como base de cambio do Goberno de España con respecto a nova solución para o pobo saharauí, que no canto da autodeterminación recoñecida pola ONU, o goberno do PSOE acepta con Marrocos defender so un marco autonómico no que o propio Marrocos sexa o Estado propietario.
O PG propón o seguinte:
 Estamos a favor da proposta recoñecida na ONU con respecto ao dereito de autodeterminación do pobo Saharauí
 Rechazamos as manobras de marrocos usando miles de migrantes como arma de guerra nas vallas de Ceuta e Melilla
Para implementar solucións transversais aos problemas estruturais actuais, apostamos polas seguinte
Propostas medioambientais:
 Tipoloxía das explotacións agro-gandeiras aplicando o principio da sustentabilidade
 Economía circular, que redistribúe a riqueza na contorna, fixa poboación, reduce os transportes de mercancías, etc
 Cambio enerxético (transición acelerada)
 Estudos que poidan ser útiles coa aplicación da teoría do decrecemento
 Impostos acaídos sobre quen contamina paga, e progresivos en maior beneficio maior contribución.
 Perspectiva ecolóxica e sostible nos Plans forestais, na regulación do agro, xestión de residuos, etc