A Asociación de Mulleres de Sagra organiza, en colaboración co concello do Carballiño e de Cáritas Parroquial do Carballiño, un evento solidario. Trátase dun festival de teatro, destinado a recaudar fondos como axuda humanitaria para Ucrania. As actuacións serán ás 20:00 horas, no auditorio Manuel María do Carballiño. O día 1 de abril, a cargo do grupo de teatro Agromar; o día 3 de abril, a cargo do grupo da Universidade Laboral de Ourense; o 17 de abril a cargo de Coles Teatro, e o 30 de abril, a cargo do grupo de Teatro Esteta.
Para ese primeiro grupo de teatro Agromar, de Sagra, é a primeira vez que actúan nun auditorio, fora do seu local social. Piden a colaboración de todos, con risa asegurada, e cun fin solidario.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, destacou o importante destes actos solidarios, e o apoio constante do concello, ademais de recordar a participación desinteresada dos diversos grupos teatrais.
En representación da parroquia do San Cibrao, hoxe estivo o párroco, Don Jorge Juan, quen recordou a campaña solidaria que están levando a cabo dende a parroquia e Cáritas. Esta mesma mañá chegaba ese segundo camión con axuda. Agradeceu esta iniciativa e amosoulle todo o seu apoio.