Araújo propón tres meses de transporte gratis e tarifa nova ata os 30 anos para paliar a crise dos carburantes

O portavoz de Cidadáns no Concello de Ourense afirma que desde o Goberno central non se tomaron medidas para facer fronte á subida de prezos e pide que se rebaixe ao 4% o IVE na factura da luz, gas e carburantes

O portavoz de Cidadáns en Ourense, Pepe Araújo, presentará no Pleno, vía moción, varias propostas en materia de transporte público para tratar de contrarrestar o impacto que está a ter a invasión rusa de Ucraína na economía dos fogares, especialmente pola escalada do prezo da enerxía.

AVANTAR ACTIVIDADES

Araújo sinalou que implantar tres meses de transporte gratuíto para todos os usuarios e elevar a 30 anos a tarifa nova son medidas “realistas, sensatas e viables” que, ao seu xuízo, poden beneficiar aos cidadáns nun contexto de crise como o actual. “Estaremos a facilitar unha alternativa viable e sostible para os desprazamentos diarios dos ourensáns que hoxe optan polo seu coche e que #ante os altos prezos do combustible terán un enorme impacto nos seus petos”.

Ademais, o portavoz de Cidadáns solicita que desde o Goberno de España adóptense medidas como a rebaixa ao 4% de IVE na factura da luz, gas e carburantes tal como fixeron outros países da Unión Europea.

Finalmente, Araújo insta o Goberno Local a retomar a proposta de rebaixar o imposto de vehículos de tracción mecánica e que foi rexeitada polo PSOE e BNG no Pleno do pasado mes de xullo.