Mañá venres volve a Ruta das Tapas, adicada ó arroz e ás legumes

A Ruta das Tapas volve a 16 establecementos hostaleiros do Carballiño logo do parón obrigado pola pandemia. Como xa manda a tradición, terá lugar o primeiro e segundo venres de mes, neste caso mañá día 1 e o próximo venres día 8.

Neste caso está adicada ó arroz e ás legumes, e os 16 establecementos presentaron hoxe a súa proposta para este mes de abril.  Para poder desfrutar destes pratos, so tes que pedilo cun custe de 2 euros, acompañando a túa bebida.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte de Pazo Tizón, ademais da súa colaboración con este evento, neste caso ofrecen un sorteo, que consistirá nunha estancia de fin de semana en Wine House Hotel, establecemento basado no potencial do viño. Para participar so haberá que facilitar os datos persoais nunha papeleta que será entregada ó consumir cada tapa.