“Arrieiros Somos”, a serie-documental de Rubén Riós, chega este venres a Beariz con un programa sobre Pepe Balboa

Este novo capítulo transportaranos ata o Concello de Beariz o venres día 2 de abril ás 21:00h na canle de You tube de Orgullo Galego.

Esta entrega homenaxea a Pepe Balboa un home emprendedor que adica a súa vida aos demáis a través da súa solidaridade tomando como ferramenta a da narrativa.

AVANTAR ACTIVIDADES

A primeiros do ano o director Rubén Riós deixouse ver por Beariz da man de Pepe Balboa. Un universitario de 85 anos que se considera un ser atemporal.

O cineasta plasmou en imaxes a vida e os testemuños de Balboa un dos  pioneiros en introducir ou porco celta en Galicia que viviu en  mais de 20 cidades distintas.

A rodaxe levada a cabo en diversos puntos do Concello de Beariz deixa ver a nosa Galicia cuberta de neve.

A serie-documental aposta pola sabiduría e experiencia das xeraciós anteriores,xa que o seu traballo e as suas vivenzas foron fundamentais para construir un mundo mellor.

Un proxecto audiovisual que, según o seu propio director, non só pretende entreter senon que o longo dos doce capítulos dos que consta esta primeira tempada, quere empoderar as nosas xentes. A esas persoas, que pola velocidade que vivimos no día a día, non escoitamos tanto… ou non queremos escoitar. E que nesta pandemia se converteron nun dos colectivos máis golpeados.

O capítulo que emitirase na Canle de Orgullo Galego o venres ás 21:00h deixará ver como este home convate a súa soidade escribindo levando a catro libros publicados e destinando o gañado a proxectos sociais.

Este traballo  puidose  levar a  cabo grazas ao Concello de Beariz e  a aposta da empresa Xadigal, patrocinadora oficial dos doce capítulos desta seri-documental.

Sen dúbida este será un capítulo adicado a esas persoas emprendedoras que adican a súa vida aos demáis a través da súa solidaridade.