O Concello de Ribadavia programa unha Semana Santa activa

O CONCELLO DE RIBADAVIA PROGRAMA UNHA SEMANA SANTA ACTIVA.

Musica na rúa, programación cultural no Auditorio, con musica e teatro, e actividades dirixidas ao público infantil, como máxia, xunto cun programa de conciliación para as vacacións dos escolares.

AVANTAR ACTIVIDADES

– PROGRAMA “A ARTE DOS MONUMENTOS” (2ª edición), do 14 ao 17 de abril, con visitas guiadas a: O Forno recuperado polo Concello no casco histórico, o Edificio da Casa Consistorial, a Igrexa de Santiago, e a Igrexa da Oliveira.

– PROGRAMACIÓN AUDITORIO:
Venres 15 de abril: música de Jazz galego, con Rafa Fernández Trío.
Sábado 16 de abril: teatro, “Loló e Mamá”, de Ste Xeito Producións. Dirección Esther F. Carrodeguas, autora premiada  cun Abrente de textos teatrais 2015.

– Maxia: domingo ás 18h, coa Asociación Magos do Ribeiro.

– Música de rúa dirixida a crear ambiente nestes días festivos.

– Ademais, existirá un programa de Conciliación dirixido ás familias con nenos e nenas de entre 3 a 14 anos nas vacacións escolares os días: luns 11, martes 12, mércores 13 e luns 18 de abril de 2022, con horario de 9:00-14:00 horas. Esta será a segunda ocasión que se realice, despois de iniciarse por primeira vez o ano pasado.