Este sábado as 12:00 h Concentración de ASDIFICA na Praza Maior para pedir un local propio

A Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica do Carballiño, ASDIFICA, convoca unha manifestación para este próximo sábado 2 de abril, ás 12:00 horas, na Praza Maior do Carballiño. Agardan contar co apoio da veciñanza na súa reivindicación por contar cun local propio, unha demanda e necesidade que levan reclamando dende fai anos.

A asociación conta con máis de 100 membros, e organizan todo tipo de actividades, como cursos, formación para familiares, apoio psicolóxico e un gran número de actividades físicas e mentais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aseguran que levan moito tempo reclamando ó concello do Carballiño a cesión dun local. A última nova, en xuño do pasado ano, era a cesión dun espazo na estación de autobuses unha vez se construíra a intermodal. Ó coñecerse que se destinaría ese espazo para o novo centro de saúde, recibiron un duro revés, e aseguran que aínda non se puxeron en contacto con eles para falar dalgunha outra alternativa.