O BNG presenta a súa proposta para o novo modelo de residencias no Carballiño

Presentada a nivel nacional pola portavoz do BNG Ana Pontón o pasado 14 de febreiro, con este encontro, desde a formación nacionalista pretendían trasladar dito texto á sociedade en xeral. Neste acto estiveron Olalla Rodil, viceportavoz 1ª do grupo parlamentario; Sofía García, voceira do BNG no Carballiño e Andrés Fernández, responsable local do BNG.

O BNG considera que tras a pandemia non se pode seguir mirando para outro lado e facer como que non pasou nada. Aseguran que é unha obriga ética tomar nota, e que non se pode seguir cun modelo privatizado en mans de multinacionais ou de entidades relixiosas, nunha Galiza que ten a porcentaxe de prazas públicas máis baixo de todo o Estado, pese ao elevado nivel de envellecemento, cun 25% da poboación por riba dos 65 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A proposición de lei que o Bloque presenta no Parlamento terá que ser admitida a trámite pola Xunta de Galicia para que poida ser debatida na cámara alta. A partir dese momento, o Bloque espera contar co apoio dos demais grupos parlamentarios.