O concello de Ribadavia realizou obras de mellora na rede veciñal de auga de Camporredondo.

O Concello de Ribadavia realizou melloras na rede veciñal de auga de Santo André de Camporredondo, xunto coa Asociación Veciñal que a xestiona. A colaboración das Administracións con estas entidades veciñais faise obrigado, pois aínda non sendo municipal falamos dun ben básico.   

O Concello colabora tamén con outras redes veciñais de auga que teñen graves problemas nas súas redes, ben por atoparse envellecidas e necesitadas de reparacións de mantemento, ben porque sofren problemas de auga en épocas estivais.  

AVANTAR ACTIVIDADES

 O Concello é consciente que a solución ideal e definitiva pasa porque estas redes veciñais pasen a formar parte da rede municipal, pero esta cuestión debe realizarse de forma voluntaria por parte das redes veciñais. Mentres isto non sucede, desde o Concello aprobamos realizar melloras de mantemento e reparación nas redes veciñais de auga. 

– CAMPORREDONDO: As actuacións consistiron en diferentes fases – FASE 1. Decembro 2021- Xaneiro 2022: cambio de arquetas, chaves de paso, arranxo de avarías na rede de subministro, cambios de paso, de manguitos, e terminais. Ademais, da mellora da caseta eléctrica.  Rúa das Velas, na Estrada OU- 211, onde a Fonte e onde a Ponte e no campo da festa. Realización de caseta para cadro eléctrico.  

– FASE 2.  Marzo 2022: foi a obra máis importante, realizouse o Arranxo deposito- tanque principal, arranxo areneiro – filtro, arranxo das dúas saídas xerais do deposito, cambio de tuberias e chaves de paso, arranxo do vaciado e areeiro. Tuberías e chaves de paso, perforación do areiro ao tanque, reparación tubería que subía do motor, apertura de zanxas e instalar novas tuberías: instalación de novas tuberías, en total 450 metros de tuberías de 50×10 cm, e 450 metros tubería de 63 cm para instalación eléctrica, 450 metros de cordel nylon. Por último, realizouse o Arranxo de cuadro eléctrico do motor ( cunha potencia de 4.200 litros por hora), e a perforación caseta de cuadro eléctrico.    Falamos dunha rede e infraestrutura cunha antigüidade de máis de 40 anos, polo que estas melloras facíanse moi necesarias.

– FASE 3, será realizada a continuación, e consistirá na protección da actual mina, e do selado do seu tanque.   

O compromiso do Concello é total coas redes veciñais de auga, pois aínda non sendo da nosa titularidade prestan un servizo básico que debe contar co apoio das Administracións Públicas.  Neste sentido, desde o Concello de Ribadavia levamos tempo solicitando a colaboración de Xunta e Deputación para a mellora de todas as redes veciñais de auga do municipio. 

– CHABOLAS, A GROBA E O SEIXO. Desde o Concello tamén colaboramos durante o ano 2021 coa rede veciñal destes 3 núcleos: realizáronse melloras na captación e arranxos de motores e bombas do abastecemento de auga, así como no baleirado e recuperación dunha fosa séptica do Saneamento no Seixo. Colaboración que continúa neste 2022. 

Estas reparacións aínda que importantes son puntais, polo que a solución real e duradeira pasa pola realización do Proxecto dunha nova rede de abastecemento e saneamento que se aprobou no Concello de Ribadavia no ano 2015 e que ascende a máis de 500.000 euros. Un proxecto que pasa necesariamente polo investimento da Xunta de Galicia, Augas de Galicia é o ente competente, e a colaboración da Deputación Provincial, tal e como están a facer noutros municipios. 

Así foi aprobado en PLENO un acordo unánime do Concello, apoiado por todos os grupos, e respaldado por case a totalidade de veciños destes núcleos coas súas sinaturas. Este acordo fai meses que foi trasladado a Deputación e Xunta para lograr o seu compromiso, sen que polo de agora no Concello non se obtivera resposta, a pesar de que estamos a falar dun problema moi importante ao que urxe darlle unha solución definitiva, que pasa necesariamente por realizar o Proxecto aprobado en 2015.