O Foro Social e Cultural Terras de Breogán mostra o malestar pola ubicación do futuro Centro de Saúde

Este colectivo naceu como un espazo de inciativas, nun momento en que a cidadanía demanda información e participación. A pandemia e a situación actual aparcou varios proxectos que tiñamos. Entre outras, unha das iniciativas que pudemos levar a cabo foi mediar cos colexios e institutos da vila para recuperar os maios, que hai máis de 20 anos que non se celebraban no Carballiño.

Centro Integral de saude

AVANTAR ACTIVIDADES

Queremos mostrar  o noso malestar por á elección da ubicación do futuro Centro de Integración da saude, son moitas as persoas que se puxeron en contacto con nos, para que de alguna maneira “lles demos voz”, polo que nos sentimos na obriga de trasladar esta inquedanza, feita depresa e sen coñecemento da realidade do pobo de Carballiño por parte da Xunta de Galicia, entre outras razóns as seguintes:

Superficie escasa. A superficie total en planta non cubre ás expectativas. Nun principio requerianse uns 4500 m2 de terreo, e a superficie total de 2500 m2 por planta.

Proximidade dun colexio de primaria e o caron do auditorio. Orixinaría moita afluencia de xente e tráfico, xunto coa recollida dos nen@s e demais negocios que están cerca.

Aparcamento e accesos.  Imposible dotar con amplio aparcamento e accesos, actualmente esta moi concurrida polo xa exposto, tamen imposibilitaría a evacuación en caso de urxencias. A rua traseira e moi estreita (2 mts no punto mais estreito) e de uso dos propietarios das vivendas  polo que vai ser imposible o tránsito, a Avenida do Balneario e  moi concurrida e con moia afluencia de tráfico.

Non debemos “hipotecar o futuro do Carballiño” con proxectos deste tipo, temos que pensar no Carballiño o longo prazo, plantear unha “área sanitaria” que responda as necesidades da poboación actual e futura. Non ten sentido mudar o Centro de saude actual por falta de espazo e levalo para outro sitio onde ten menos espacio e sen posibilidade de poder amplialo nun futuro.

Anterior a pandemia, cando se estaba falando do futuro da Estacion de Autobuses, tivemos unha entrevista co Sr. Alcalde, o cal lle planteamos a posibilidade de que a da Estación de autobuses, poida albergar a Casa da Xuventude, tan demandada por xeracions, un centro cívico ou incluso un edificio administrativo municipal.. acollendo ben estas iniciativas por parte do Alcalde o cal lle agradecemos a sua boa disposición. Urxe que a nosa xuventude teña un espazo de ocio, xa que no existen ningún tipo de alternativa.

E por iso, que instamos a que o grupo de goberno e os demais grupos políticos rexeiten este proxecto , e que busquen unha nova ubicación mais acorde cos intereses do Carballiño.