O Bng de Ribadavia pide unha urxente avaliación de danos e apoio a viticultor@s afectad@s polas xeadas destes días

diante dos graves danos causados pola xeada nas viñas do ribeiro demandamos unha urxente avaliación de danos e apoio a viticultor@s afectad@s

Unha intensa xeada ven de ocasionar, especialmente nesta noite do domingo 3 para o luns 4, importantes danos nas viñas do Ribeiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sen que haxa polo de agora unha valoración polo miúdo dos danos ocasionados, é evidente que hai zonas da comarca claramente afectadas, nas que a xeada vai provocar graves perdas da que ía ser a colleita de 2022.

A perda de ingresos que supoñen estes danos van poñer aínda máis en risco a viabilidade e supervivencia de moitas explotacións. Tamén no caso de producións que achegaban rendas complementarias ás familias, moi importantes para soster numerosas economías domésticas do Ribeiro, a xeada implica unha redución drástica de ingresos.

Dende o BNG demandamos que se realice con carácter urxente unha avaliación dos danos ocasionados polas xeadas, establecendo liñas de axuda para apoiar as explotacións afectadas, que abrangan tanto a compensación polas perdas da produción xa previstas para este ano, como as medidas precisas para a recuperación das plantacións afectadas que permitan a plena recuperación da produción no seguinte ciclo produtivo.