Prosegue a busca de Marcial, o octoxenário desaparecido o venres en Boborás

O pasado venres, ás 17:00 horas, foi a última vez que se viu a Marcial M. V., de 86 anos, un veciño de Boborás. Durante toda a fin de semana, tanto partidas veciñais coma a Garda Civil e Protección Civil, e tamén por aire cun helicóptero, buscaron sen descanso, aínda que sen éxito.

Marcial foi visto saíndo da súa casa co pretexto de espantar a uns cabalos salvaxes e foi a última vez que o viron. Por este motivo, a busca centrouse nas pistas forestais entre Boborás e Beariz. O desaparecido é unha persoa maior, ademais con alzhéimer. Todo aquel que teña información, agradécese que se poña en contacto cas forzas de seguridade.

AVANTAR ACTIVIDADES