A Xunta prohíbe as queimas agrícolas particulares polas condicións climatolóxicas

escola de capacitacion agraria de Sergude. Plantacion Pino Douglas o pino de Oregón

A partir de hoxe quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Isto implica que, a partir de agora, non se darán máis permisos e a partir deste momento quedarán suspendidos os xa concedidos.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e que poden dificultar o seu control.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Consellería de Medio Rural solicita a colaboración da cidadanía para extremar as precaucións e denunciar calquera actividade delituosa de incendios da que teña coñecemento, chamando o teléfono gratuíto 085.