ABANCA, Afundación e o Concello de Allariz presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes»

A apertura tivo lugar esta mañá no salón de actos do Casa da Cultura de Allariz

I Esta mostra enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Allariz, ABANCA e Afundación

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello de Allariz, ABANCA e Afundación presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». O acto de apertura tivo lugar esta na Casa da Cultura de Allariz, e contou coa asistencia de Cristina Cid, alcaldesa de Allariz; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. Poderase visitar ata o vindeiro 9 de maio de luns a venres de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 18.30 h.

As imaxes están dispoñibles na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/drive/folders/1KuaNxggEbLERcrQGImL7Gy2HHT_yV9uq?usp=sharing

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

A exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.