O Cine Club proxecta este venres o filme francés “El Triunfo”

Este venres día 8 de abril o Cine Club proxectará a película francesa “El triunfo”, que por fin se estrea en España. Trátase dunha comedia ambientada no mundo do teatro que recibiu o Premio á Mellor Comedia nos Premios do Cine Europeo, e que foi un auténtico éxito de público en Francia en plena pandemia. Unanimemente alabada pola crítica, no noso país leva xa unha importante recadación en taquilla e vai camiño de superar o éxito obtido no país veciño.

A historia céntrase nun actor en paro que dirixe un obradoiro de teatro nun centro penitenciario onde intenta repesentar cun grupo de presos Esperando a Godot. Dirixida por Emmanuel Courcol está excelentemente interpretada no seu personaxe protagonista polo coñecido cómico franco-arxelino Kad Merad. Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.

AVANTAR ACTIVIDADES