A Policía Autonómica en colaboración con axentes ambientais esclarecen un incendio no concello de Leiro

  • No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 14 persoas como presuntas autoras de incendios forestais 

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2022.- Axentes da Policía Autonómica de en colaboración con axentes ambientais esclareceron un incendio forestal no concello de Leiro.

Os axentes do Grupo de Investigación de Incendios da sede de Ourense, xunto con axentes

AVANTAR ACTIVIDADES

do Distrito XI Ribeiro- Arenteiro, resolveron a autoría dun incendio rexistrado o pasado martes, 5 de abril, no lugar de Barro- Gomariz, no municipio ourensán de Leiro, que afectou 0,14 hectáreas.

No transcurso das investigacións, a Policía Autonómica tomou declaración a un home que se atopaba a realizar unha queima sen as debidas medidas de seguridade.

Na extinción do lume interviron 1 axente, 3 brigadas, 2 motobombas e 1 avioneta.  

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 14 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.