Exposición pública dos estatutos da mancomunidade que se vai a constituír entre os concellos do Carballiño e Maside

Publicase hoxe no BOP

Unha vez que a Deputación Provincial de Ourense emitiu o preceptivo informe sobre a proposta de estatutos da mancomunidade que se vai constituír entre os concellos do Carballiño e Maside, de conformidade co artigo 140 da Lei 5/1997, do 22 de
xullo, de Administración local de Galicia, ábrese un período de información pública durante un prazo de un (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Durante o dito prazo, calquera interesado/a poderá achegar as observacións ou suxestións que estime precisas e que deberá presentar no Rexistro Municipal de ambos os dous concellos, facendo constar a referencia do anuncio. O proxecto de estatutos reguladores, xunto co resto dos documentos integrantes do expediente administrativo, poderá consultarse nos portais de transparencia das sedes electrónicas do Concello do
Carballiño (https://carballino.sedelectronica.gal/) e do Concello de Maside (https://maside.sedelectronica.gal/) así como nas respectivas dependencias municipais situadas no número 1 da praza Maior do Carballiño e no número 1 da praza
Maior de Maside, das 9.00 ás 13.00 horas

AVANTAR ACTIVIDADES