I Xogos intercentros de bádminton. Ourense 2022

I Xogos Intercentros de Báminton – Ourense 2022

Lugar e data: Expourense, 8 de abril

AVANTAR ACTIVIDADES

De 10.00 a 14.00 h.

As instalacións de Expourense, reconvertidas en instalacións deportiva para o Bádminton serán mañá venrs 8 de abril o esceario do I Xogos Intercentros de Bádminton
A Fundación Expourense, organiza xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Consellería de Educación do Concello de Ourense os I Xogos Intercentros de Bádminton de Ourense o vindeiro 8 de abril de 2022 nas instalacións de Expourense.
Un verdadeiro éxito de convocatoria xa que conta coa inscrición de preto de 300 alumnos e alumnas de doce centros educativos de Educación Secundaria Obrigatoria da cidade e da provincia de Ourense. O torneo comezará mañá venres ás 09:00 h. e prevese o seu remate sobre ás 14:00 horas.
Os participantes son alumnas e alumnos nos cursos de 1º e 2º da ESO. O principal requisito é que non participen en competicións federadas do deporte no que se desputan estes Xogos.
É un sistema novidoso, que procura a integración da actividade física e deportiva nos hábitos cotiás dos alumnos, ao estender a práctica deportiva por riba do horario lectivo tan acortado das sesión semanais de educación física. Deste xeito, a estes alumnos, nun momento de máxima demanda de exercicio físico derivado dos cambios físicos, psicolóxicos e afectivos, se lle ofrece unha alternativa deportiva competitiva dentro do horario escolar.
Nos vindeiros cursos, está proxectado que previamente a estes encontros de Xogos Intercentros, se desenvolvan fases clasificatorias nos propios centros educativos, trimestre por trimestre.

A competición é por equipos mixtos de cada centro por enfrontamento directo con outro centro educativo en dúas categorías, 1º e 2º da ESO. Todos os xogadores aliñados deben desputar algún dos cinco partidos por encontro (Individual masculino/feminino, dobres masculino/feminino e dobres mixto). Térase en conta tamén que os xogadores deberán variar encontro por encontro, para que tod@s participen.
Por último, debemos agradecer a implicación dos Departamentos de Educación Física dos distintos centros educativos participantes, así como da Deputación de Ourense e o Consello Municipal de Deportes polo apoio a todos os eventos deportivos nestas instalacións.