O IES Chamoso Lamas inaugura unha exposición sobre a chegada da luz

Esta mañá tivo lugar o acto de  inauguración da exposición “Historia da Luz na comarca do Carballiño” no corredor central do  IES M. Chamoso Lamas.

Trátase dunha exposición que narra a chegada da luz á nosa comarca e os avances que con ela viñeron.
Na súa montaxe están involucrados os Departamentos de Xeografía e Historia e Electricidade deste centro educativo  e tamén o Centro de Estudos Chamoso Lamas.
Cabe salientar a aportación de moitos dos materiais que se visualizarán a título  individual de “Don Adolfo Otero”.

AVANTAR ACTIVIDADES