Skadelos estreou o novo sinxelo ” Marcho De Festi “

“Skadelos presentou o pasado 1 de abril o seu novo sinxelo “Marcho De Festi”. Con un ritmo vibrante e alegre, mesturando o pop-rock e a rumba, relata as experiencias e anécdotas propias vividas nun festival de música, facendo mención a festivais galegos como Ortigueira ou o Revenidas entre eles. Na súa portada reflexan o sentir da canción, con membros do propio grupo e amizades no camping do último Sonrías Baixas (Bueu) e que lembra tamén os comezos da banda.Con Marcho De Festi, o grupo galego que vén dende O Carballiño conta con catro das súas cancións en todas as plataformas dixitais e prepara un verán de actuacións por todo o panorama galego.”

AVANTAR ACTIVIDADES