Deputación e Concello de Coles avanzan novos proxectos de cooperación para “prestar os mellores servizos públicos aos veciños”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar visitou co alcalde, Manuel Rodríguez, e a tenente de alcalde, Susana Rodríguez, o campo de fútbol de Albán, con herba artificial instalada grazas as achegas do goberno municipal e provincial

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación remarca a importancia da colaboración entre administracións e avanza o apoio para mellorar a escola de hípica municipal

O alcalde de Coles agradeceu a cooperación, “tanto neste campo de herba artificial como noutros eidos importantes, nun traballo que seguirá no futuro”

 O presidente da Deputación, Manuel Baltar visitou o concello de Coles, onde tivo un encontro de traballo co alcalde, Manuel Rodríguez e a tenente de alcalde, Susana Rodríguez, para abordar varias liñas de traballo abertas entre ambas institucións para mellorar infraestruturas e servizos públicos dos veciños deste municipio. 

Despois de reunirse na Casa do Concello, Manuel Baltar, Manuel Rodríguez e Susana Rodríguez visitaron o campo de fútbol de Albán, cun novo céspede artificial instalado grazas as achegas do goberno municipal e provincial. “Unha obra importante para estar á altura da práctica deportiva neste municipio, cunha longa tradición futbolística”, sinalou o presidente da institución provincial, que remarcou a importancia desta colaboración e avanzou novos proxectos: “Vimos cooperando en varios aspectos, non so en materia de infraestruturas. De feito, na próxima modificación de crédito sumamos unha partida para melloras na escola de hípica municipal. E así, da man, seguiremos prestando os mellores servizos públicos”. 

O alcalde de Coles, Manuel Rodríguez, recoñeceu a cooperación do goberno provincial: “Queremos agradecer a colaboración da Deputación e do seu presidente, Manuel Baltar. Tanto na consecución deste campo de herba artificial -que era moi necesario- como noutros eidos como vías públicas, a escola de hípica… nun traballo que, seguro, seguirá no futuro”.