I Xogos Intercentros de bádminton. Ourense 2022

As instalacións de Expourense, reconvertidas en instalacións deportiva para o Bádminton acolleros hoxe os Primeiros Xogos Intercentros de Bádminton nos que participaron 300 escolares de 1º e 2º da E.S.O. dunha ducia de centros escolares da provincia de Ourense

A Fundación Expourense, organizou xunto coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Consellería de Educación do Concello de Ourense os I Xogos Intercentros de Bádminton de Ourense que se desputaron esta mañá no recinto feiral. Nesta cita que combinaba deporte, educación e hábitos saudables participaron máis de 300 escolares de 1º e 2º da E.S.O. dunha ducia de centros de Ensino Secundario da provincia de Ourense Fundación Expourense acolleu esta mañá os Primeiros Xogos Intercentros Bádminton Ourense no que participaron 300 escolares de 1º e 2º da ESO dunha ducia de centros educativos da provincia de Ourense (Ourense Capital, Ribadavia, Viana do Bolo, Xinzo, Bande, Padrenda, Celanova e Verín).

AVANTAR ACTIVIDADES

Os centros gañadores foron os seguintes:

1º E.S.O.:

1º premio: IES Otero Pedrayo

2º Premio: IES O Ribeiro

2º E.S.O.:

1º premio: IES As Lagoas

2º premio: IES Otero Pedrayo

A entrega de premios e placas conmemorativas aos participantes contou coa presenza do xefe do Deportes da delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede, do concelleiro de Educación de Ourense, Antonio Fernández; do vicepresidente segundo da Deputación Provincial de Ourense, César Fernández, e da deputada autonómica, Noelia Pérez.

Ademais da Secretaria Xeral para o Deporte, organizadora destes xogos xunto a Expourense, esta cita contou coa implicación dos Departamentos de Educación Física dos distintos centros educativos participantes, así como da Deputación de Ourense e o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense.