Ribeiro en Común denuncia a discriminación exercida polo Baltarismo contra Ribadavia. Ribeiro en Común reclama investimentos a Deputación e Xunta de Galicia.

Mentres o Concello de Ribadavia está colaborando coas redes veciñais de auga, desde a Deputación continúan sen colaborar coas asociacóns do noso municipio, usando recursos públicos de maneira partidista e discrecional.  
 
César Fernández, en dous anos de goberno non se preocupou por realizar ningunha mellora na rede de saneamento e abastecemento de augas veciñais do municipio de Ribadavia. Nin desde o Concello nin desde a Deputación. Agora a Deputación anuncia un investimento na auga dun núcleo de Cenlle, ignorando as necesidades dos núcleos limítrofe de As Chabolas, A Groba e O Seixo, no municipio de Ribadavia, con graves problemas na súa rede de auga e saneamento veciñais.
 
 
Parece non importarlles os graves problemas denunciados polos veciños destes núcleos ribadavienses, que o propio Concello defendeu reiteradas veces en Pleno, dándolle traslado á Deputación. César Fernández esquece que, ademais de ser man dereita de Baltar continúa sendo concelleiro de Ribadavia, a quen ataca de maneira deliberada e permanente desde a Deputación.
 
Ribeiro en Común esíxelle á Deputación o mesmo trato para o municipio de Ribadavia que lle dá a outros Concellos da Comarca do Ribeiro, máis se cabe cando estamos a falar de 3 núcleos que representan unha poboación superior e con maiores problemas na rede de auga e saneamento.  
 
A diferencia do anterior goberno local do PP, o Concello de Ribadavia colabora de maneira permanente coas asociacións de augas veciñais de Ribadavia.  
 
 
– Continúa a discriminación a Ribadavia.
Seguiremos reivindicando o que é de Xustiza, ata conseguilo. Denunciaremos calquera exercicio de discriminación contra Ribadavia.
A mesma discriminación de sempre, a mesma que existiu durante o último goberno do PP, só que agora o goberno municipal de Ribadavia non garda silencio nin pretende consentir o abuso histórico da Deputación de Baltar.  
Esta discriminación non ataca ao goberno, senón á sociedade e aos veciños de Ribadavia.  
👉 Estes días, Baltar acompañado de César Fernández paseábanse por Arnoia e Cenlle prometendo inversións, as mesmas que non foron capaces de presentar nos dous anos que puideron facelo en Ribadavia.  
Ben é certo que, se non quixeron facelo cando gobernaron non o ian facelo tampouco agora, pero dá moita rabia que leven a outros lugares o que lle corresponde aos nosos veciños.

 Saneamento e abastecemento:  
1. Tiveron dous anos para facer algún tipo de investimento na rede das Groba, Chabolas e O Seixo. Nada fixeron.
A Situación da rede de abastecemento e saneamento en moitos núcleos de titularidade veciñal son de intervención urxente. A da Groba, As Chabolas e O Seixo é clamoroso, non só está apoiada e reivindicada polo PLENO DO CONCELLO, senón que foi avalada por case a totalidade das familias e dos seus veciños.  
Desde o Concello en 2021 estivemos colaborando con esta rede veciñal,  e neste 2022 seguiremos facendo todo o posible,  pero sabendo que a única solución pasa por un investimento das Administracións titulares pata levar a cabo o proxecto realizado polo Concello.
Da mesma maneira as redes veciñais de Camporredondo, Prexigueiro,  A Franqueirán, e máis, teñen dereito a que a Deputación provincial colabore con elas.  
2. En Regodeigón, despois de moitos anos de reivindicación, será a Confederación Hidrográfica do Estado a que vai facer posible a mellora do saneamento nas súas beirarrúas.  
E mentres tanto, a Deputación e Xunta nada fixeron nestas décadas, desde a época do bipartito na Xunta.  
3. O Concello neste ano colaborou, e continúa a facelo, na mellora das redes veciñais de auga no  seu saneamento e abastecemento. Son intervencións que moitas veces non resolven o problema de raíz, que pasa por investimentos millonarios das Administracións con competencia na materia.  
A este respecto é preciso recordar que Ribadavia leva pagado á Xunta (Augas de Galicia) arredor de 1,2 millóns de euros en concepto do “canon da auga”, mentres que Augas de Galicia (Xunta) levainvestido cero euros desde 2009, a pesar de que a norma recolle que deben facer investimentos.  

AVANTAR ACTIVIDADES

➡️ Termalismo:
O mesmo se podería dicir da ausencia dunha intervención favorable ao noso termalismo por parte do PP. En dous anos cero investimentos e axudas para as Termas de Prexigueiro. É público e notorio, e un escándalo maiúsculo o monopolio unilateral nas axudas millonarias a unha única empresa privada, mentres se discriminan as demais, limitando ademais o enorme potencial do termalismo provincial.

– O diñeiro público é de todos, non dos políticos. En Ribadavia non queremos ser máis que ninguén, pero tampouco menos.
Mentres lle sigan privando a Ribadavia do seu diñeiro público que lexitimamente lle corresponde, seguiremos traballando en favor dos nosos veciños con todos os recursos públicos dos que dispoñamos.