Semana Santa en Ribadavia: Actos relixiosos

Despois de dous anos, por circunstancias que todos coñecemos, Ribadavia recupera a súa tradicional Semana Santa.

Os actos relixiosos darán comezo o 10 de Abril, Domingo de Ramos, coa bendición ás 11:30h. na Praza de San Xoán e a posterior procesión ata a igrexa de San Domingos na que terá lugar a misa solemne ás 12:00 h.
Os actos retomaranse o Xoves Santo, día 14 de Abril, coa Celebración da Cea do Señor ás 18:30h. na igrexa de San Domingos,coa que dará inicio o Solemne Triduo Pascual.Ás 21:00 h. partirá  desde a Igrexa de Santiago a procesión dos Caladiños que percorrerá o centro histórico de Ribadavia.A xornada do Xoves Santo culminará coa Hora Santa, ás 22:00 h., no Santuario da Nosa Señora do Portal, lugar onde estará situado o Altar Reservado.
O Venres Santo, 15 de Abril, dará inicio coa procesión do Santo Encontro ás 11:30 h. na Praza Maior. Xa pola tarde terá lugar ás 18:30h., na igrexa de San Domingos a celebración da Paixón e Morte do Señor. Tras a celebración, ao redor das 19:30 h., sairá desta igrexa a procesión do Santo Enterro, que percorrerá as rúas da vila do Avia.
O Sábado Santo terá lugar ás 22:00 h., na igrexa de San Domingos, a solemne Vixilia Pascual coa que se culminará o Triduo Pascual.Xa o Domingo teranse as misas de Pascua no horario habitual.

AVANTAR ACTIVIDADES