A Uned homenaxeara á Xeración Perdida ourensá cunha conferencia

O acto celebrarase o día 22 de abril e incluirá o descubrimento dunha placa
na Biblioteca de UNED Ourense para impoñerlle o nome da devandita
xeración

UNED Ourense, dentro dos actos de conmemoración do 50 aniversario da UNED, impoñerá o nome de Xeración Perdida á súa Biblioteca. Ata o de agora este importante servizo que se presta desde o Centro Asociado na capital ourensá para toda a provincia nunca tivera un nome que o distinguise.
Con este motivo, o próximo día 22, ás 17.00 horas, celebraranse dous sinxelos
actos, o primeiro consistirá no descubrimento dunha placa co novo nome
da biblioteca, ao que seguirá unha conferencia impartida polo profesor titor e
profesor titular de Historia Contemporánea na Uvigo, doutor Julio Prada
Rodríguez, titulada: Xeración perdida. Unha mirada cara ao noso pasado oculto en clave
de homenaxe. Nesta conferencia explicarase quen formaban esa xeración,
homes e mulleres aos que irá dedicado o nome da Biblioteca de UNED Ourense.
O acto será en liña e para iso é necesario formalizar a matrícula, gratuíta, acción
tras a cal o interesado recibirá a ligazón para seguir o evento

AVANTAR ACTIVIDADES

O enlace para inscribirse é: https://extension.uned.es/inscripcion