A Xunta dotará de financiación ás estacións de servizo para afrontar os anticipos da bonificación

O xefe do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a Xunta achegará, a partir de mañá, financiamento ás estacións de servizo para que poidan afrontar o adianto da bonificación de 20 céntimos por litro decretada pola goberno central. Esta medida se impulsa tras coñecerse que moitas estacións de servizo, sobre todo as pequenas e independentes, están a ter moitas dificultades ao non recibir os avances comprometidos polo Executivo central

Deste xeito, aprobarase un programa dirixido a pemes e autónomos para obter financiamento, especialmente centrado naqueles sectores máis afectados pola invasión rusa, como as gasolineiras.

AVANTAR ACTIVIDADES