Cúmprense dez días da desaparición de Marcial en Boborás, aínda sen noticias

O venres día 1, ás 17:00 horas, foi a última vez que se viu a Marcial M. V., de 86 anos, un veciño de Boborás. Marcial foi buscado pola unidade cinolóxica da Garda Civil con patrullas e cans adestrados, voluntarios, veciños e familiares co apoio do helicóptero de vixilancia e os drons do instituto armado. Pero sen éxito. Non se atopou nin un obxecto persoal nin unha peza de roupa que permita seguir un rastro.

Marcial foi visto saíndo da súa casa co pretexto de espantar a uns cabalos salvaxes e foi a última vez que o viron. Por este motivo, a busca centrouse nas pistas forestais entre Boborás e Beariz. O desaparecido é unha persoa maior, ademais con alzhéimer. Todo aquel que teña información, agradécese que se poña en contacto cas forzas de seguridade.

AVANTAR ACTIVIDADES

O esforzo dos voluntarios por atopalo non cesa, aínda que as esperanzas de atopalo con vida son cada vez menores. Nos días nos que desapareceu Marcial, as temperaturas nocturas eran dalgún grao baixo cero.