A Xunta adxudica unha nova vivenda de promoción pública en réxime de aluguer en Ourense

O delegado territorial da Xunta entregoulle as chaves á arrendataria esta mañá na Delegación Territorial

  • O delegado territorial lembra que a adxudicataria pagará unha renda mensual inferior aos 100 euros
  • Gabriel Alén subliña que a Xunta habilita varios programas e medidas para atender as demandas de vivenda e recorda a posibilidade de inscribirse no rexistro oficial de demandantes de vivenda en calquera momento do ano

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entregou esta mañá as chaves dunha vivenda en réxime de alugueiro no concello de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Trátase do inmoble emprazado na rúa Manuel Lago, nº 3 – 4º B, forma parte dunha promoción de vivendas, construída pola Xunta. Ten unha superficie útil de 64,44 m2 e consta de recibidor, salón, 2 dormitorios, 1 baño, cociña, lavadoiro e un vestíbulo. Tamén dispón de rocho e garaxe.

A vivenda foi adxudicada en réxime de alugamento, polo que seu inquilino pagará unha renda mensual que non excede dos cen euros, en función dos ingresos da persoa adxudicataria.

O delegado territorial explicou que a persoa beneficiaria xa pode instalar na vivenda e resaltou que estas actuacións son unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar o acceso a unha vivenda aos cidadáns.

Unha das condicións que se lles esixe aos beneficiarios é estar inscrito no Rexistro único de demandantes de vivenda, un trámite que se pode realizar en calquera momento do ano. A inscrición pode efectuarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada, procedemento VI428C, inscrición no RUDEVI. Tamén pode solicitarse información nas propias oficinas do IGVS. As solicitudes poden presentarse opcionalmente por medios electrónicos ou de xeito presencial a través de cita previa.

De feito, a maiores das vivendas de promoción pública, a Xunta habilita varias medidas e programas de carácter social encamiñadas a atender a demanda de vivenda.