A policía autonómica esclarece un incendio no concello de Melón

  • No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica de Ourense en colaboración con axentes ambientais esclareceron un incendio forestal ocorrido o pasado día 5 de abril, en Covelo-Quins, no concello de Melón. 

O incendio, que afectou preto de 1.000 metros cadrados de monte raso, foi orixinado por mor do escape dunha queima, sen a salvagarda das debidas medidas de seguridade. O lume foi extinguido polos medios da Xunta de Galicia, actuando un axente e unha motobomba. 

AVANTAR ACTIVIDADES

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.