De novo esta fin de semana poderemos desfrutar dun evento cultural e ademais solidario. A Asociación de Mulleres de Sagra , como xa anunciamos en pasadas semanas, organiza, en colaboración co concello do Carballiño e de Cáritas Parroquial do Carballiño, un evento solidario. Trátase dun festival de teatro, destinado a recadar fondos como axuda humanitaria para Ucraína.
As actuacións serán ás 20:00 horas, no auditorio Manuel María do Carballiño. A próxima será o 17 de abril a cargo de Coles Teatro, e o 30 de abril, a cargo do grupo de Teatro Esteta.
Con este fin solidario pretenden aportar o seu pequeno gran de area, recadando diñeiro para enviar como axuda humanitaria. Piden a colaboración da veciñanza, xa que o custe destas obras será tan so de tres euros.