O Delegado da Xunta e o Xerente da área sanitaria estudian co alcalde da Veiga a reforma do centro de Saúde

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén,  e  o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial, reuníronse esta mañá na Delegación Territorial co alcalde da Veiga, Juan Anta, para estudar a posible  colaboración de reformar do centro de saúde do municipio.

O delegado territorial explicoulle ao rexedor que a Xunta continúa así a colaborar cos concellos que manteñen centros de saúde de titularidade municipal.  Desde o 2017, a distribución que a Xunta fai do Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local inclúe a previsión de compensar os custos de mantemento dos centros de saúde do grupo 1, que son aqueles coma este cuxo edificio está dedicado integramente ao fin sanitario.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así mesmo, Gabriel Alén, subliñoulle que no orzamento para o ano 2022 a Xunta reforzou unha vez máis o seu apoio a estas entidades locais e incrementou ata os 2,4 millóns de euros a partida –un 14%-. Con isto, a Xunta de Galicia ten destinado desde 2007 cerca de 11 millóns de euros a financiar os gastos de funcionamento de 156 centros de saúde de titularidade municipal, cantidade que en concreto para a provincia de Ourense ascendeu a 2,6 millóns de euros. Concretamente, o Concello de A Veiga recibe 11.807 € anuais para financiar o mantemento do seu centro de saúde.

En definitiva, o delegado territorial significou que a Xunta non só colabora cos concellos no mantemento habitual destes centros senón que tamén colabora cofinanciando as actuacións cando, como neste caso, hai que facer reformas importantes.