A comisión executiva municipal do Psdeg de Ourense rexeita o silencio de PP e ante a agresión homófoba denunciada a pasada fin de semana e condena os feitos

Para os socialistas un dos principais valores é a loita polos dereitos de igualdade e liberdade polo que instan ao goberno local a que poña en marcha dunha vez o plan de prevención ao acoso homofóbico, bifóbico e transfóbico

Os socialistas aproveitan tamén para amosar todo o seu apoio ao grupo Amor e, particularmente, ao integrante agredido

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 16 de abril de 2022. A comisión executiva municipal (CEM) do PSdeG-PSOE da cidade de Ourense condena “contundentemente a agresión homófoba” denunciada a pasada fin de semana na cidade e rexeita o silencio do grupo de goberno local, tanto de Democracia Ourensana como do Partido Popular, ante a gravidade dos feitos, o que consideran unha “actitude impropia dun goberno do século XXI” que soamente favorece o “retroceso democrático”, como xa veñen alertando os socialistas durante o último mandato. Os socialistas consideran inadmisible que o grupo de goberno se manteña á marxe ante a gravidades dos feitos.

Para a executiva municipal socialista un dos principais valores é a loita polos “dereitos de igualdade e liberdade e a visibilización e defensa de tódolos colectivos”, polo que condena taxativamente este tipo de agresións e insta ao goberno a que poña en marcha dunha vez o “plan de prevención ao acoso homofóbico, bifóbico e transfóbico” para Ourense, como xa solicitaron desde o grupo municipal socialista o pasado mes de xuño e que tanto PP como DO seguen tendo “pechado nun caixón”.

A CEM considera que se o plan se tivese posto en marcha e Ourense fose un destino LGTBI-friendly, como se requería, situacións coma as da pasada fin de semana teríanse evitado e poderíamos avanzar nos valores da tolerancia e o respecto á diversidade.

Os socialistas súmanse ás declaracións das Xuventudes Socialistas, asegurando que, neste caso, non se trata de casos aillados senón que, este tipo de agresións, véñense incrementando desde os últimos anos, a causa de que as institucións gobernadas pola dereita mantéñense mirando cara outro lado. Non hai políticas que garantan a vulneración e erradicación de dereitos e sen formación, educación nin programación pola semana do Orgullo, nin ao longo de todo o ano no que vai de mandato, para poder visibilizar.

Os socialistas aproveitan tamén para amosar todo o seu apoio ao grupo Amor e, particularmente, ao integrante agredido e póñense á súa disposición para a axuda que puidesen precisar neste senso, lanzándolle unha mensaxe de compromiso coa condena de este tipo de actos que ademais de non producirse, non deben quedar impunes.