Manuel Baltar: “Desde Ourense imos contribuír con responsabilidade política á unidade, á estabilidade e ao futuro de Galicia”

Afirmou que “vimos de dar a resposta que merece Galicia, solucionando dun xeito modélico unha situación derivada da aposta dun ourensán, Alberto Núñez Feijóo, para presidir o PP a nivel nacional e que, seguro, tamén será presidente da nación”

·      Insistiu Baltar na axilidade e dinamismo para resolver una transición orgánica “onde a palabra clave é a unidade, que é a gran forza deste partido”

AVANTAR ACTIVIDADES

·      Manuel Baltar felicitou aos membros do PP ourensán que estarán presentes no Comité Organizador do Congreso: a secretaria xeral, Ana Villarino, e o secretario de Organización, Pablo Pérez, como vogais, e o xerente Luis Vergara no grupo técnico

·      O PP de Ourense participará no conclave extraordinario de maio cunha delegación integrada por 309 compromisarios electos, ademais de dous membros da organización xuvenil Novas Xeracións e os compromisarios natos

O presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, afirmou esta tarde que “desde Ourense imos contribuír con responsabilidade política á unidade, á estabilidade e ao futuro de Galicia” Un apoio total “para que a solución na que todos cremos e pola que todos apostamos teña a forza necesaria”, comprometeu Baltar ao remate da Xunta Directiva do PP galego celebrada en Santiago de Compostela e na que se aprobou a convocatoria do 18º Congreso Extraordinario do PPdeG para os días 21 e 22 de maio no recinto feiral de Pontevedra.

Unha Xunta Directiva, dixo o presidente do PP de Ourense, “na que vimos de dar a resposta que merece Galicia, solucionando dun xeito modélico unha situación derivada da aposta dun ourensán, Alberto Núñez Feijóo, para presidir o PP a nivel nacional e que, seguro, tamén será presidente da nación”.

Insistiu Baltar na axilidade e dinamismo para resolver una transición orgánica “onde a palabra clave é a unidade, que é a gran forza deste partido”, sen esquecer as palabras pronunciadas por Feijóo na súa intervención e nas que falou de galeguismo integrador: “Resumen perfectamente os novos tempos para Galicia, cun PPdeG á fronte do executivo autonómico nunha nacionalidade histórica que ten moitos retos ambiciosos por diante”.

REPRESENTACIÓN OURENSÁ NO COMITÉ ORGANIZADOR.

Manuel Baltar tivo palabras de felicitación para os membros do PP ourensán que estarán presentes no Comité Organizador do Congreso: a secretaria xeral, Ana Villarino, e o secretario de Organización, Pablo Pérez, como vogais, e o xerente Luis Vergara no grupo técnico. “Unha excelente representación que mañá mesmo, na primeira reunión do comité organizador, poderá achegar a experiencia e capacidade organizativa que vén demostrando a nosa formación”.

Segundo a decisión da Xunta Directiva celebrada hoxe, o PP de Ourense participará no conclave extraordinario de maio cunha delegación integrada por 309 compromisarios electos, ademais de dous membros da organización xuvenil Novas Xeracións e os compromisarios natos que integran cargos orgánicos e institucionais do partido.