Taller de iniciación a gravación audiovisual

A UNED organiza esta actividade os días 13 e 14 de maio na súa Aula
de Extensión de Valdeorras

UNED Ourense ofrece un taller de iniciación á gravación audiovisual que se vai a celebrar os días 13 e 14 de maio na aula de Valdeorras.
Neste taller de iniciación á gravación ensinarase a manexar as ferramentas básicas da linguaxe audiovisual. O aluno aprenderá a manexar a sua cámara e a montar as súas propias gravacións. Aspectos e conceptos básicos da montaxe que nos poden axudar tanto a nivel persoal como laboral.
Vemos gravacións audiovisuais en determinados programas de televisión e en eventos
de todo tipo. Neste taller ofrécese ao participante a oportunidade de montar
os seus propios vídeos para promocionar o seu negocio a nivel laboral, para
montaxes domésticas e lúdicas, etc. A gravación audiovisual pode ser o resultado
da combinación de varias necesidades: industriais, comerciais, de entretemento,
culturais ou artísticas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Debido á importancia hoxe en día das redes sociais, un taller centrado no proceso de gravación e no modo de organizalo pode ser primordial para o éxito ou fracaso dun negocio.


Durante dous días (13 e 14 de maio) e nun total de 10 horas, con parte teórica e
práctica, os matriculados poderán elaborar a súa propia gravación. Incorporar unha parte
audiovisual a un negocio denota unha imaxe dinámica, seriada e progresiva, o que
incrementa o valor do traballo de todo o equipo.

A primeira parte, que consta de 5 horas, inclúe estes temas: Coñecemento da
cámara. A linguaxe audiovisual; guión literario versus técnico, conceptos básicos
da rodaxe e unha primeira práctica que será un primeiro contacto coa cámara.
A segunda parte, tamén de 5 horas, estará dedicada a coñecer o son e a
iluminación cunha práctica que consistirá en poñer a proba todo o aprendido ata ese momento. Tamén se dedicará un tempo á montaxe e ao traballo na edición

Este taller está deseñado para cámaras DSLR e Adobe Premiere, aínda que todas as
persoas interesadas en vídeo ou montaxe audiovisual poden asistir dado que os
conceptos básicos valen para calquera dispositivo e software de edición. Os
participantes van necesitar cámara e, se é posible, trípode.
As prazas son limitadas. O taller será en liña e presencial. A matrícula custa 25
euros.
A docente deste curso é Ronsel Barone López Carracedo, graduada en Comunicación
Audiovisual e Multimedia + Artes Escénicas e Mediáticas